eventos
Impacto do cambio climático na prevención de riscos laborais
Este webinar, realizado en colaboración con Ibermutua, abordará as repercusións do cambio climático na seguridade e a saúde no traballo.
Condución emocional: consciencia plena para unha condución segura
Nesta xornada técnica con formato webinar, realizada en colaboración con FREMAP, preténdese facernos tomar conciencia de como inflúen as nosas emocións na nosa capacidade de conducir.
Tecnoestrés e desconexión dixital
Webinar realizado en colaboración con Fraternidade Muprespa que forma parte das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a seguridade e a saúde no traballo.
Manipulas diisocianatos? Nova restrición para usos industriais e profesionais
O obxectivo desta xornada, realizada en colaboración con FREMAP, é dar a coñecer as novedades e directrices específicas que establece o Regulamento (UE)2020/1149 para o manexo seguro dos diisocianatos na contorna laboral, así como as medidas de control de risco colectivas e individuais que demostraron ser eficaces para traballar de forma segura.
Prevención de trastornos musculoesqueléticos en postos de traballo con carga física
Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con MC Mutual, afondarase na prevención dos TME naqueles postos de traballo onde o compoñente da carga física está presente dunha forma significativa incidindo na identificación de risco ergonómico, e na importancia de ter un posto de traballo ben deseñado e cunha axeitada organización do traballo.
Novidades do novo regulamento 2023/1230 relativo a máquinas
Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con Fremap, resumiranse os principais aspectos así como as novidades introducidas polo recentemente estreado regulamento 2023/1230 relativo ás máquinas que derrogou a directiva de máquinas 2006/42/CE.
O radon no ámbito laboral
O principal obxectivo da actividade formativa é dar resposta ás obrigas legais que establece para o radon no ámbito laboral o Real decreto 1029/2022, de 20 de decembro polo que se aproba o Regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes e que afectan aos titulares das actividades laborais e concretar a función, contido e alcance do asesoramento que debe prestar o persoal técnico, así como aquelas situacións nas que sexa necesario recorrer a asesoramento especializado para non superar os niveis de referencia establecidos para o radon nos lugares de traballo, ou xestionar correctamente aquelas situacións nas que non se poden reducir os niveis.
Hábitos saudables e enerxía emocional positiva no traballo
Xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración con Asepeyo, que ten como obxectivo mostrar o impacto da comunicación e o funcionamento da enerxía emocional na prevención de accidentes laborais e os recursos persoais necesarios para unha correcta xestión.
Criterios na utilización dunha plataforma elevadora móbil de persoas
Webinar realizado en colaboración con Fremap que ten como obxectivo analizar os riscos máis significativos que poden xurdir durante o emprego de plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) e destacar as medidas preventivas necesarias para traballar de xeito seguro.
Xestión do retorno ao traballo logo dunha incapacidade temporal de longa duración causada por un trastorno musculoesquelético
Esta xornada técnica realizada en colaboración con MC MUTUAL ten por obxectivo sensibilizar na importancia de xestionar adecuadamente o retorno ao traballo en beneficio das organizacións e do persoal traballador.
Tamén se darán a coñecer as pautas xerais para a implantar un programa de reincorporación laboral tras incapacidade temporal por trastornos musculoesqueléticos.
Prevención e actuación en relación coa ‘Lipoatrofia semicircular’ dende o punto de vista laboral
Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con Ibermutua, faremos unha visión da lipoatrofia semicircular dende a aparición dos primeiros casos e analizaremos os principais factores de risco que condicionan a súa aparición así como as medidas preventivas recomendadas.
De ‘Millenial’ a ‘Jubillennial’, xestión da diversidade xeracional
Xornada técnica, realizada en colaboración con Fraternidade-Muprespa, na que propoñemos dar un enfoque inclusivo á chamada xeración “Jubillennial”, proporcionar ferramentas para encarar unha xubilación en positivo e outras medidas para implementar a diversidade xeracional nas organizacións.
Innovación e boas prácticas de sensibilización fronte ao ruído de xeito visual e atractivo
O obxectivo final deste webinar, realizado en colaboración con Asepeyo, é mostrar desde unha perspectiva dinámica, visual e atractiva as consecuencias da exposición ao ruído a través do emprego de novas tecnoloxías.
Axentes canceríxenos e sílice cristalina
Xornada técnica que ten como obxectivo analizar as novidades derivadas da actualización da guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos no traballo así como os futuros cambios lexislativos. Na segunda parte, sobre a prevención derivada da exposición a sílice cristalina respirable (SCR), presentarase unha nova campaña do ISSGA e se analizarán os principais aspectos da guía técnica.
Promoción da saúde no lugar de traballo. Moverse máis e mellor
Xornada técnica realizada en colaboración con Motricidade Laboral SL na que impulsaremos un novo enfoque na xestión da saúde laboral que pon o foco nas persoas desde unha visión de saúde integral, un proxecto que se fortalece na nova Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027.
Benestar psicoemocional
O obxectivo final deste webinar, realizado en conlaboración con Fremap, é dotar aos asistentes de ferramentas prácticas que lles permitan manexar adecuadamente as distintas situacións xestionando eficientemente as súas emocións e as das persoas con que se relacionan.
Habilidades comunicativas e xestión de conflitos
Os conflitos son frecuentes entre as persoas que comparten tempo e espazo. As causas e, en gran parte, a forma de resolvelos, marcan a diferenza dos resultados. Durante esta xornada técnica, na que contamos coa participación de Fremap, veremos algúns exemplos cotiáns e frecuentes, así como a forma de afrontalos con maiores garantías de éxito.
Xestión do estrés
Este webinar, realizado en colaboración con MC MUTUAL, ten como obxectivos recoñecer os primeiros síntomas de estrés e identificar as súas causas, así como saber aplicar as estratexias de afrontamento máis adecuadas, para axudar ao persoal traballador a xestionar correctamente as situacións de estrés no traballo e previr así os seus posibles efectos na saúde.
Adaptación de postos de traballo
A adaptación dos postos de traballo ás capacidades dos traballadores que os ocupan para evitar ou minimizar os danos para a saúde é un dos principios fundamentais da prevención de riscos laborais. Neste webinar, realizado en colaboración con Ibermutua, abordaremos as cuestións relacionadas con este tema: definicións e conceptos, marco normativo, procedementos e exemplos prácticos.
Realidade virtual e PRL
Nesta xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración con Asepeyo, analizaremos a aplicación desta ferramenta ao ámbito da prevención e riscos laborais que nos permita, a través da sensibilización, mellorar procesos, reducir a sinistralidade e acadar contornos laborais máis saudables.
Aplicacións da intelixencia artificial na análise biomecánica
Nesta xornada técnica en formato webinar, realizada en colaboración co Instituto de Biomecánica (IBV), buscamos xerar ferramentas para mellorar os procesos de deseño de produtos e servizos baseados na interacción coa persoa, combinando o modelado biomecánico e a intelixencia artificial para converter a caracterización biomecánica nun proceso máis eficiente e áxil.
Teño que modificar unha máquina, que debo facer?
O obxectivo principal desta xornada, realizada en colaboración con FREMAP, é evitar que se acometan modificacións sobre as máquinas sen ter en conta os criterios necesarios para garantir que a máquina, tras a modificación, ofreza uns niveis de seguridade adecuados para o seu uso de acordo aos requisitos que lle sexan de aplicación.
Smartphone – #Úsao de forma saudable
Nesta xornada técnica, en formato webinar, realizada en colaboración con Fraternidad-Muprespa, presentaremos a campaña do ISSGA “Emprego de dispositivos electrónicos portátiles”, analizaremos o smartphone como fenómeno sociolóxico, os danos físicos e psicolóxicos asociados ao seu uso, como usalo de forma saudable e indicaremos, a nivel de adicións, como afecta as nosas neuronas a conectividade dixital e os bos usos e riscos da tecnoloxía no traballo e no teletraballo.
Xestión da saúde mental na empresa
Webinar realizado en colaboración con Ibermutua no que se abordará a saúde psicosocial da empresa, facendo un diagnóstico da situación actual e indicando as accións preventivas a implantar desde un enfoque desde a empresa saudable da saúde mental.