Data do webinar:
31 maio 2023
Hora de comezo:
10:30 horas
Modalidade:
Videoconferencia
Programa
Vídeo do evento
Xornada técnica realizada en colaboración con Motricidade Laboral SL na que impulsaremos un novo enfoque na xestión da saúde laboral que pon o foco nas persoas desde unha visión de saúde integral, un proxecto que se fortalece na nova Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2023-2027.
Faremos un repaso da contribución do ISSGA nestes 10 últimos anos para ampliar a Rede Española de Empresas Saudables (RESS) e ofreceremos estratexias para a promoción de hábitos saudables nas organizacións así como para a prevención dos TME.