Select Page
issga-evento-4

Data do webinar:

19 setembro 2024

}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

  • Streaming

Os diisocianatos son sensibilizantes respiratorios capaces de inducir asma, irritación de ollos, nariz e garganta, lagrimexo, dificultade respiratoria ou dermatite. Estes compostos son moi usados na fabricación de escumas flexibles e ríxidas, e debido ás súas propiedades, son utilizados nunha ampla variedade de aplicacións e sectores.

Ademáis, desde o 24 de agosto de 2023, o Regulamento (UE) 2020/1149 establece novas obrigas en materia de formación. Como novidade regula a necesidade dunha formación obrigatoria para todos os traballadores por conta propia e por conta allea que manipulen diisocianatos como tales ou como compoñentes doutras substancias ou en mesturas para usos industriais ou profesionais.

Esta xornada, realizada en colaboración con FREMAP, pretende dar a coñecer cales son os efectos sobre a saúde e os riscos asociados coa súa exposición e contribuír á difusión das principais novidades normativas relacionado co seu uso.

Inscrición

Para asistir a este evento debes rexistrarte usando o formulario que aparece debaixo. Unha vez introducidos os teus datos recibirás un e-mail coa confirmación.

Uns días antes da celebración do evento recibirás un novo e-mail coa ligazón desde a cal poderás seguir o evento por video-streaming.

Importante: Revisa na túa conta de correo non desexado  ou spam por se non recibes o correo de confirmación ou a ligazón á videoconferencia.
Ante calquera dúbida podes contactar con nós no e-mail: rexistros@issgaeventos.com

  Inscrición



    Datos da empresa/entidade:





    Autorizo o tratamento dos datos para recibir información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese.Non autorizo o tratamento dos datos para recibir información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese.

     

    INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
    Responsable do tratamento Xunta de Galicia – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.
    Finalidades do tratamento Desenvolvemento de accións formativas, de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.
    Xestión das listas de distribución para o envío de información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese.
    Lexitimación para o tratamento Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (Lei 14/2007, do 30 de outubro pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral)
    Consentimento outorgado pola persoa interesada para o envío de información.
    Destinatarios dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros.
    Exercicio de dereitos As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en  https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos
    Así mesmo, as persoas interesadas poderán retirar o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa solicitude a issga.formacion@xunta.gal. A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.
    Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos