Data do webinar:
22 outubro 2024
Hora de comezo:
10:30 horas
Modalidade:
- Streaming
Programa
Webinar realizado en colaboración con Fraternidade Muprespa que forma parte das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a seguridade e a saúde no traballo.
Ten como obxectivo analizar os retos derivados da implantación das novas tecnoloxías e as ferramentas para poder controlar os seus efectos. Os principais temas a tratar neste webinar serán:
- Descrición dos novos riscos emerxentes derivados da sociedade da información e a comunicación
- Análise dos efectos que os novos modelos de traballo e comunicación poden ter sobre a saúde das persoas
- Formulación de posibles solucións fronte ás esixencias e consecuencias derivadas do uso intensivo das novas tecnoloxías
Preténdese dar a coñecer os riscos aos que estamos sometidos polo uso intensivo das novas tecnoloxías, as consecuencias da exposición aos devanditos riscos e ferramentas para minimizar os efectos da hiperconexión dixital e estratexias de afrontamento.
Inscrición
Para asistir a este evento debes rexistrarte usando o formulario que aparece debaixo. Unha vez introducidos os teus datos recibirás un e-mail coa confirmación.
Uns días antes da celebración do evento recibirás un novo e-mail coa ligazón desde a cal poderás seguir o evento por video-streaming.
Importante: Revisa na túa conta de correo non desexado ou spam por se non recibes o correo de confirmación ou a ligazón á videoconferencia.
Ante calquera dúbida podes contactar con nós no e-mail: rexistros@issgaeventos.com
Inscrición
INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS | |
Responsable do tratamento | Xunta de Galicia – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia. |
Finalidades do tratamento | Desenvolvemento de accións formativas, de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais. Xestión das listas de distribución para o envío de información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese. |
Lexitimación para o tratamento | Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (Lei 14/2007, do 30 de outubro pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral) Consentimento outorgado pola persoa interesada para o envío de información. |
Destinatarios dos datos | Non se prevén comunicacións a terceiros. |
Exercicio de dereitos | As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos Así mesmo, as persoas interesadas poderán retirar o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa solicitude a issga.formacion@xunta.gal. A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada. |
Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional | https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos |