eventos
Prevención e pandemia: a resposta da unidade de referencia COVID-19 do Issga e dos servizos de prevención alleos
Neste webinar indicaranse as principais mensaxes e criterios para a adopción das medidas preventivas fronte á esta pandemia nos centros de traballo, se detallarán as actuacións feitas pola Unidade COVID-19 nas labores de asesoramento e apoio técnico especializado e de información e formación, se exporán os riscos derivados das novas condicións de traballo asociadas á crise sanitaria e se explicarán o papel dos servizos de prevención no contexto derivado da COVID-19.
Impacto emocional COVID-19
Neste webinar, realizado en colaboración con Fraternidad-Muprespa, veremos as emocións e estados de ánimo que nos provocou a COVID 19, a través de exemplos de persoas reais e daremos claves e ferramentas para soportar mellor esta situación.
A prevención de riscos laborais na PEME: unha actitude preventiva salva vidas
Nesta acción de información e sensibilización indicaranse as pautas para mellorar a compresión e a toma de conciencia sobre a importancia da seguridade e a saúde no traballo e os seus aspectos clave, así como as competencias para un desenvolvemento eficaz neste ámbito.
Empresa saudable. Prevención das enfermidades cardiovasculares e o ictus
O custo persoal, social e laboral das enfermidades e accidentes cardio e cerebrovasculares supón máis do 10% do gasto sanitario público de España e é a primeira causa de discapacidade no adulto. Este webinar, realizado en colaboración con Ibermutua, ten como obxectivo “informar para previr” e sensibilizar no ámbito da saúde laboral ao tecido empresarial galego.
Coñece o máis destacado da norma de seguridade e saúde ISO 45005
UNE-ISO/PAS 45005 é unha guía que pretende facilitar orientacións para xestionar nas empresas os efectos da pandemia por COVID-19. No webinar. realizado en colaboración con FREMAP, analizarase a estrutura da nova ISO/ PAS publicada, así como os puntos máis relevantes da mesma.,
Uso de novas tecnoloxías en PRL: drons
Segundo dos eventos organizados polo ISSGA con motivo do día mundial da seguridade e saúde no traballo, 28 de abril, no que presentamos dúas publicacións sobre os drons e a súa relación coa prevención de riscos laborais.
A cultura preventiva, motor de resiliencia
Con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2021, o ISSGA organiza esta webinar como un espazo de intercambio para recoñecer a importancia da cultura preventiva na construción da resiliencia colectiva e o valor do labor das e dos profesionais da seguridade e saúde no traballo na crise sanitaria actual.