Data do webinar:
5 abril 2022
Hora de comezo:
10:30 horas
Modalidade:
Videoconferencia
Programa
Vídeo do evento
Este primeiro webinar, que forma parte da programación formativa do ISSGA para o ano 2022 e realizado en colaboración con Ibermutua, imos dedicalo á xestión do risco durante o embarazo e a lactación.
Nel analizaremos o marco normativo que o regula, o procedemento que se debe seguir na súa tramitación así como os riscos laborais e clínicos e os diferentes axentes que interveñen: físicos, ergonómicos, químicos, biolóxicos e psicosociais.
Para rematar haberá unha mesa redonda na que os axentes sociais nos darán a súa visión dende un punto de técnico deste tema.