Data do webinar:
6 xullo 2021
Hora de comezo:
Modalidade:
Programa
Vídeo do evento
A unidade de referencia COVID-19 constitúese como órgano de carácter transitorio a través do que se canalizarán e difundirán as actuacións do Issga para afrontar a emerxencia sanitaria derivada da COVID-19, e ten como obxectivo asesorar tecnicamente e dar apoio no eido da prevención de riscos laborais por mor da pandemia en Galicia.
Os beneficiarios desta unidade, ademais dos interlocutores sociais, serán o servizos de prevención de riscos laborais, as asociacións profesionais, as empresas, o emprego autónomo e as administracións públicas.
Neste webinar indicaranse as principais mensaxes e criterios para a adopción das medidas preventivas fronte á esta pandemia nos centros de traballo, se detallarán as actuacións feitas pola Unidade COVID-19 nas labores de asesoramento e apoio técnico especializado e de información e formación, se exporán os riscos derivados das novas condicións de traballo asociadas á crise sanitaria e se explicarán o papel dos servizos de prevención no contexto derivado da COVID-19.