Select Page
Manipulas diisocianatos? Nova restrición para usos industriais e profesionais

Manipulas diisocianatos? Nova restrición para usos industriais e profesionais

issga-evento-4

Data do webinar:

19 setembro 2024

}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

  • Streaming

Vídeo do evento

Os diisocianatos son sensibilizantes respiratorios capaces de inducir asma, irritación de ollos, nariz e garganta, lagrimexo, dificultade respiratoria ou dermatite. Estes compostos son moi usados na fabricación de escumas flexibles e ríxidas, e debido ás súas propiedades, son utilizados nunha ampla variedade de aplicacións e sectores.

Ademáis, desde o 24 de agosto de 2023, o Regulamento (UE) 2020/1149 establece novas obrigas en materia de formación. Como novidade regula a necesidade dunha formación obrigatoria para todos os traballadores por conta propia e por conta allea que manipulen diisocianatos como tales ou como compoñentes doutras substancias ou en mesturas para usos industriais ou profesionais.

Esta xornada, realizada en colaboración con FREMAP, pretende dar a coñecer cales son os efectos sobre a saúde e os riscos asociados coa súa exposición e contribuír á difusión das principais novidades normativas relacionado co seu uso.

k

Proceso de inscrición pechado.

Prevención de trastornos musculoesqueléticos en postos de traballo con carga física

Prevención de trastornos musculoesqueléticos en postos de traballo con carga física

Novidades do novo regulamento 2023/1230 relativo a máquinas

Data do webinar:

25 xuño 2024

}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

  • Streaming

Vídeo do evento

Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con MC Mutual, afondarase na prevención dos TME naqueles postos de traballo onde o compoñente da carga física está presente dunha forma significativa.
O obxectivo desta actividade formativa é coñecer como optimizar a abordaxe dos diferentes factores de risco relacionados co TME mediante unha adecuada priorización das accións para executar, xa sexan de prevención de riscos laborais ou de promoción da saúde.

Na formación incidirase de xeito especial na identificación dos factores de risco ergonómico, e na importancia de ter un posto de traballo ben deseñado e con unha axeitada organización do traballo, adicando un apartado especial os exeoesqueletos como medida para a diminución dos riscos por TME e á promoción da saúde no traballo (PST).

k

Proceso de inscrición pechado.

Novidades do novo regulamento 2023/1230 relativo a máquinas

Novidades do novo regulamento 2023/1230 relativo a máquinas

Novidades do novo regulamento 2023/1230 relativo a máquinas

Data do webinar:

13 xuño 2024

}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

  • Streaming

Vídeo do evento

Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con Fremap, resumiranse os principais aspectos así como as novidades introducidas polo recentemente estreado regulamento 2023/1230 relativo ás máquinas que derrogou a directiva de máquinas 2006/42/CE.

Este novo regulamento establece os recentes avances das tecnoloxías dixitais, como a intelixencia artificial (IA), o internet das cousas e inclúe as características dunha ampla gama de máquinas formulando novos retos en materia de seguridade.

Será esixible a todos os estados membros da UE e supón unha transformación profunda dentro da industria.