Select Page
Saúde e teletraballo

Saúde e teletraballo

ISSGA - Evento 11

Data do webinar:

28 abril 2022

}

Hora de comezo:

10:15 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

Webinar realizado en colaboración con Asepeyo. O traballo a distancia leva consigo importantes beneficios como a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a redución e aforro de custos, o aumento da produtividade e racionalización de horarios, a atracción e retención do talento ou a redución do absentismo.

Con todo, tamén pode afectarlle á saúde musculoesquelética ou mental debido aos longos períodos de traballo con pantallas de visualización, o illamento, unha maior inactividade física, os límites difusos entre traballo remunerado e vida privada ou o estrés.

O establecemento do traballo a distancia propiciou a necesidade de improvisar en moitos fogares esta modalidade sen os recursos, organización e soporte idóneos, polo que a xestión da prevención de riscos laborais debe axustarse a esta situación e toma especial importancia a necesidade de promover as boas prácticas preventivas nesta situación.

Ademais, implantar un protocolo de teletraballo pode ser unha ferramenta eficaz para a xestión da maternidade e/ou para unha adaptación ao posto de traballo coa reincorporación laboral logo dunha baixa prolongada por motivos de saúde.

k

Proceso de inscrición pechado.

Xestión do risco durante o embarazo e a lactación

Xestión do risco durante o embarazo e a lactación

ISSGA - Evento 11

Data do webinar:

5 abril 2022

}

Hora de comezo:

10:30 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

Este primeiro webinar, que forma  parte da programación formativa do ISSGA para o ano 2022 e realizado en colaboración con Ibermutua, imos dedicalo á xestión do risco durante o embarazo e a lactación.

Nel analizaremos o marco normativo que o regula, o procedemento que se debe seguir na súa tramitación así como os riscos laborais e clínicos  e os diferentes axentes que interveñen: físicos, ergonómicos, químicos,  biolóxicos e psicosociais.

Para rematar haberá unha mesa redonda na que os axentes sociais nos darán a súa visión dende un punto de técnico deste tema.

k

Proceso de inscrición pechado.

Mindfulness para a redución do estrés no traballo

Mindfulness para a redución do estrés no traballo

ISSGA - Evento 11

Data do webinar:

23 novembro 2021

}

Hora de comezo:

10:30 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

Webinar realizado en colaboración con Fremap que ten como obxectivo informar como a través da práctica do Mindfulness e a súa integración non traballo podemos incrementar o benestar laboral.

A práctica do Mindfulness é un adestramento sistemático da atención que permite ás persoas desenvolver recursos internos de auto-observación e auto-regulación, que brindan a posibilidade de desactivar a reacción automática da tensión crónica, a través de observar claramente as reaccións corporais e emocionais que xorden fronte a un estresor.

Unha técnica de relaxación idónea para incrementar o benestar laboral. Reduce a tensión e a ansiedade, aumenta a concentración e xera efectos que repercuten positivamente nas organizacións e a produtividade.

k

Proceso de inscrición pechado.

Prevención da violencia laboral

Prevención da violencia laboral

ISSGA - Evento 11

Data do webinar:

10 novembro 2021

}

Hora de comezo:

10:30 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

Webinar realizado en colaboración con Ibermutua Gallega que nos mostra como as prácticas máis estendidas para facer fronte ás situacións de violencia e acoso no traballo carecen normalmente da necesaria visión sistémica e non resultan suficientemente preventivas. 

As solucións tradicionais que se adoitan para combater o problema de violencia no traballo parten de dúas vías: a preventiva e a xudicial. Na vía preventiva, este taller práctico ten como obxectivo sensibilizar na necesidade de abordar este problema nas empresas e proporcionar algunhas ferramentas básicas para achegar unha aproximación integral á prevención das situacións de violencia que se producen nas organizacións, como son os protocolos-tipo. 

k

Proceso de inscrición pechado.

Innovación para introducir boas prácticas para a prevención de trastornos musculoesqueléticos no traballo.  “Sistema MOCAP (Motion Capture). Exoesqueleto”

Innovación para introducir boas prácticas para a prevención de trastornos musculoesqueléticos no traballo. “Sistema MOCAP (Motion Capture). Exoesqueleto”

ISSGA - Evento 11

Data do webinar:

28 outubro 2021

}

Hora de comezo:

10:00 horas

Modalidade:

Presencial e Videoconferencia

Vídeo do evento

Este webinar, realizado en colaboración con Asepeyo e que forma parte de las actividades programadas polo ISSGA con motivo da “Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo”, ten por obxectivo sensibilizar e informar sobre un tema innovador e de actualidade, os exoesqueletos, que facilitan asistencia física ás persoas durante o desenvolvemento de determinadas tarefas e contribúen á redución de lesións.

A tecnoloxía MOCAP permite poñer ao día a observación dos movementos realizados por unha persoa no desenvolvemento das tarefas que conforman a súa actividade laboral.

O uso desta ferramenta permitirá ampliar a información obtida da observación, captando imaxes da realización da tarefa e xerando animacións 3D e gráficas de amplitude de movemento das articulacións.Grazas a esta información, poderanse detectar as tarefas de alta esixencia física e determinar medidas que eviten lesións á persoa traballadora.

Os exoesqueletos ofrecerannos opcións efectivas para determinar as devanditas medidas

k

Proceso de inscrición pechado.