Data do webinar:
10 novembro 2022
Hora de comezo:
10:30 horas
Modalidade:
Videoconferencia
Programa
Vídeo do evento
Nos últimos anos as estatísticas viñeron reflectindo a crecente importancia do estrés e as súas consecuencias no ámbito laboral ata chegar a ser actualmente a segunda causa de perda de saúde entre os traballadores en toda Europa.
Recoñecer os primeiros síntomas de estrés e identificar as súas causas, así como saber aplicar as estratexias de afrontamento máis adecuadas, pode axudar ao persoal traballador para xestionar correctamente as situacións de estrés no traballo e previr así os seus posibles efectos na saúde.
Este webinar, realizado en colaboración con MC MUTUAL, ten como obxectivos:
- Definir o estrés e aprender a recoñecer os seus síntomas
- Coñecer cales son as causas específicas da tensión no traballo
- Coñecer estratexias organizativas e individuais e recursos para facer fronte á tensión no traballo