Select Page
ISSGA - Webinar tecnoestres

Data do webinar:

22 outubro 2024

}

Hora de comezo:

10:30 horas

Modalidade:

  • Streaming

Vídeo do evento

Webinar realizado en colaboración con Fraternidade Muprespa que forma parte das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a seguridade e a saúde no traballo.

Ten como obxectivo analizar os retos derivados da implantación das novas tecnoloxías e as ferramentas para poder controlar os seus efectos. Os principais temas a tratar neste webinar serán:

  • Descrición dos novos riscos emerxentes derivados da sociedade da información e a comunicación
  • Análise dos efectos que os novos modelos de traballo e comunicación poden ter sobre a saúde das persoas
  • Formulación de posibles solucións fronte ás esixencias e consecuencias derivadas do uso intensivo das novas tecnoloxías

Preténdese dar a coñecer os riscos aos que estamos sometidos polo uso intensivo das novas tecnoloxías, as consecuencias da exposición aos devanditos riscos e ferramentas para minimizar os efectos da hiperconexión dixital e estratexias de afrontamento.

k

Proceso de inscrición pechado.