Data do webinar:
28 xuño 2022
Hora de comezo:
10:30 horas
Modalidade:
Videoconferencia
Programa
O smartphone supuxo unha revolución sociolóxica sen precedentes que cambiou a forma en como nos relacionamos, comunicamos e mesmo como nos comportamos.
Ese uso tan continuado (e ata aditivo) que facemos na nosa vida diaria do smartphone leva asociado unha serie de danos tanto a nivel físico como a nivel psicolóxico que son necesarios coñecer para que a nosa saúde non se resinta.
Nesta xornada técnica, en formato webinar, realizada en colaboración con Fraternidad-Muprespa, presentaremos a campaña do ISSGA “Emprego de dispositivos electrónicos portátiles”, analizaremos o smartphone como fenómeno sociolóxico, os danos físicos e psicolóxicos asociados ao seu uso, como usalo de forma saudable e indicaremos, a nivel de adicións, como afecta as nosas neuronas a conectividade dixital e os bos usos e riscos da tecnoloxía no traballo e no teletraballo.