Data do webinar:
16 xuño 2023
Hora de comezo:
10:30 horas
Modalidade:
- Presencial: Centro ISSGA_A Coruña
- Streaming
Programa
Vídeo do evento
Xornada técnica que ten como obxectivo analizar as novidades derivadas da actualización da guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos no traballo así como os futuros cambios lexislativos. Farase un especial fincapé na identificación de postos de traballo con esta exposición e presentaranse algúns exemplos de boas prácticas.
Na segunda parte da xornada presentarase unha nova campaña do ISSGA sobre a prevención derivada da exposición a sílice cristalina respirable (SCR) en talleres e obras e expoñeranse os principais aspectos da guía técnica para a prevención do risco por exposición a SCR no ámbito laboral.