Select Page
A cultura preventiva, motor de resiliencia

Data do webinar:

26 abril 2021

}

Hora de comezo:

09:45 horas

Modalidade:

Videoconferencia

Vídeo do evento

No Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2021, a Organización Internacional do Traballo (OIT), baixo o lema “Anticiparse ás crises, prepararse e responder – investir hoxe en sistemas resilientes de seguridade e saúde no traballo”, quere sensibilizar sobre os efectos do virus SARS-CoV-2 no mundo do traballo.

Para conmemorar esta data, a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), organiza esta webinar como un espazo de intercambio para recoñecer a importancia da cultura preventiva na construción da resiliencia colectiva e o valor do labor das e dos profesionais da seguridade e saúde no traballo na crise sanitaria actual.

 

k

Proceso de inscrición pechado.