Data do webinar:
16 xuño 2022
Hora de comezo:
11:00 horas
Modalidade:
Videoconferencia
Programa
Vídeo do evento
Actualmente, a saúde mental e o incremento das patoloxías relacionadas é un dos campos para desenvolver no ámbito da empresa saudable que ten un máis difícil abordaxe: a protección da intimidade das persoas, a estigmatización das persoas con problemas mentais, a cultura do país sobre as enfermidades mentais, fai que ou ben se trate dun xeito moi superficial na empresa ou ben se limite ás esixencias legais que se van producindo: protocolos de violencia laboral, protocolos de igualdade, etc.
Nesta xornada, realizada en colaboración con Ibermutua, estableceuse o marco psicosocial da empresa saudable propoñendo unha ferramenta que contribúe a completar o baleiro que pode existir na práctica para abordar o problema desde a empresa.