Data do webinar:
22 outubro 2024
Hora de comezo:
10:30 horas
Modalidade:
- Streaming
Programa
Vídeo do evento
Webinar realizado en colaboración con Fraternidade Muprespa que forma parte das actividades organizadas polo ISSGA con motivo da Semana Europea para a seguridade e a saúde no traballo.
Ten como obxectivo analizar os retos derivados da implantación das novas tecnoloxías e as ferramentas para poder controlar os seus efectos. Os principais temas a tratar neste webinar serán:
- Descrición dos novos riscos emerxentes derivados da sociedade da información e a comunicación
- Análise dos efectos que os novos modelos de traballo e comunicación poden ter sobre a saúde das persoas
- Formulación de posibles solucións fronte ás esixencias e consecuencias derivadas do uso intensivo das novas tecnoloxías
Preténdese dar a coñecer os riscos aos que estamos sometidos polo uso intensivo das novas tecnoloxías, as consecuencias da exposición aos devanditos riscos e ferramentas para minimizar os efectos da hiperconexión dixital e estratexias de afrontamento.