
A transformación tecnolóxica na prevención de riscos laborais

Data do webinar:
24 abril 2025
Hora de comezo:
10:30 horas
Modalidade:
- Streaming
Programa
Vídeo do evento
O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), en colaboración coa Fraternidad Muprespa, organiza este webinar centrado nos cambios que a dixitalización está a provocar no mundo do traballo e nos seus efectos na seguridade e saúde laboral. Enmarcado no obxectivo 3.2.5 do Plan de Actuación do ISSGA, abordará as oportunidades e os desafíos que supón a incorporación das novas tecnoloxías no entorno laboral, e como estas poden mellorar a prevención de riscos laborais.
A charla estará dirixida a empresariado, mandos intermedios e persoal dedicado á prevención de riscos laborais. O obxectivo é que as persoas asistentes coñezan as últimas innovacións tecnolóxicas aplicadas á seguridade no traballo, as estratexias máis efectivas para previr riscos e como estas ferramentas están a transformar a xestión da seguridade laboral.
Os consultores en prevención da Fraternidad Muprespa, Javier Sánchez González e José Luis Fernández Medina, explicaran exemplos concretos do uso da tecnoloxía para garantir contornos laborais máis seguros. Abordarán temas como a intelixencia artificial conversacional, a realidade virtual e aumentada, o internet das cousas, e tamén outras ferramentas innovadoras como os drones ou os exoesqueletos.
Con este webinar, pretendemos ofrecer unha visión actualizada das solucións tecnolóxicas dispoñibles, fomentando a implementación destas en empresas para mellorar a seguridade, a saúde e o benestar das persoas traballadoras.
Comentarios recentes