Select Page
issga-evento-8-2025

Data do webinar:

12 novembro 2026

}

Hora de comezo:

10:00 horas

Modalidade:

  • Streaming

A adquisición dunha máquina constitúe unha decisión estratéxica para calquera organización, xa que inflúe tanto na produtividade e eficiencia dos procesos como na seguridade e saúde das persoas traballadoras. Por iso, antes de incorporar un novo equipo, é necesario analizar as necesidades do traballo que se vai a realizar e comprobar que a máquina seleccionada cumpre os requisitos legais, técnicos e preventivos aplicables.

O Issga, en colaboración con Fremap, organiza este webinar para abordar os aspectos fundamentais que deben considerarse durante o proceso de selección, compra e incorporación de maquinaria, co obxectivo de facilitar unha adquisición adecuada e contribuír a previr os riscos asociados á súa utilización.

Durante a sesión analizaranse as obrigacións da empresa que recibe a máquina, os requisitos legais aplicables á súa comercialización e posta en servizo, así como a documentación que debe acompañar ao equipo. Prestarase especial atención á importancia de verificar que a máquina se axusta ás características do traballo que se vai a desenvolver e que reúne as condicións necesarias para garantir unha utilización segura.

Así mesmo, abordaranse as distintas etapas dun proceso de adquisición seguro, desde o establecemento das especificacións técnicas e preventivas ata a selección do provedor e a definición das condicións de entrega e instalación. Tamén se tratarán aspectos esenciais como a recepción da máquina, a formación das persoas traballadoras para o seu uso seguro, a posta en servizo, o mantemento e as comprobacións necesarias para asegurar que o equipo se atopa en condicións adecuadas de funcionamento.

A actividade está dirixida a empresarios e empresarias, responsables e persoal técnico de prevención de riscos laborais, xefes e xefas de área e outras persoas implicadas na toma de decisións relacionadas coa adquisición de maquinaria.

Con esta iniciativa, o Issga contribúe a promover unha xestión preventiva integrada nas decisións empresariais, favorecendo que a seguridade e saúde das persoas traballadoras se teña en conta desde o inicio do proceso de adquisición e ao longo de toda a vida útil da máquina.

Inscrición

Para asistir a este evento debes rexistrarte usando o formulario que aparece debaixo. Unha vez introducidos os teus datos recibirás un e-mail coa confirmación.

Uns días antes da celebración do evento recibirás un novo e-mail coa ligazón desde a cal poderás seguir o evento por video-streaming.

Importante: Revisa na túa conta de correo non desexado  ou spam por se non recibes o correo de confirmación ou a ligazón á videoconferencia.
Ante calquera dúbida podes contactar con nós no e-mail: rexistros@issgaeventos.com

  Inscrición

    REF: ISSGA 2026 - Evento 7 - Adquirir unha máquina (12/11/2026)




    Datos da empresa/entidade:





    Autorizo o tratamento dos datos para recibir información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese.Non autorizo o tratamento dos datos para recibir información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese.

     

    INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
    Responsable do tratamento Xunta de Galicia – Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia.
    Finalidades do tratamento Desenvolvemento de accións formativas, de información e divulgación en materia de prevención de riscos laborais.
    Xestión das listas de distribución para o envío de información doutros cursos, xornadas ou eventos similares que poidan ser de interese.
    Lexitimación para o tratamento Cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos (Lei 14/2007, do 30 de outubro pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral)
    Consentimento outorgado pola persoa interesada para o envío de información.
    Destinatarios dos datos Non se prevén comunicacións a terceiros.
    Exercicio de dereitos As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en  https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos
    Así mesmo, as persoas interesadas poderán retirar o consentimento previamente outorgado dirixindo a súa solicitude a issga.formacion@xunta.gal. A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada.
    Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos