Select Page
issga-evento-8-2025

Data do webinar:

13 novembro 2025

}

Hora de comezo:

10:00 horas

Modalidade:

  • Streaming

Vídeo do evento

Este relatorio, impartido por Emilia Fernández Rey e José Ramón Castillo, especialistas en prevención de riscos laborais e manexo manual de cargas, organízase en colaboración con FREMAP. Analizaranse as novidades da Guía Técnica do INSST para a avaliación e prevención dos riscos relativos á manipulación manual de cargas, recentemente actualizada en novembro de 2024. Abordarase a flexibilización na avaliación de riscos, os métodos alternativos propostos e as recomendacións para a mobilización de persoas, ofrecendo boas prácticas e orientacións para promover contornas laborais seguras, saudables e eficientes.

No marco da xestión da seguridade e saúde no traballo, este webinar ofrece unha análise completa e actualizada sobre as novidades incluídas na Guía do INSST.

Os relatores, Emilia Fernández Rey, Ingeniera Técnica Agrícola e Técnica Superior en PRL en FREMAP, e José Ramón Castillo, Licenciado en Ciencias Ambientais e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais, achegarán unha perspectiva práctica e baseada na experiencia, combinando rigor técnico e aplicabilidade nos contornos laborais. Durante a súa intervención abordarán:

  • Principais cambios na Guía: criterios actualizados para a avaliación e prevención de riscos por MMC, eliminación do método único de avaliación e incorporación de métodos alternativos aplicables a diferentes situacións.
  • Mobilización de persoas: criterios específicos e recomendacións de seguridade para tarefas que implican a manipulación de persoas.
  • Boas prácticas e orientacións: exemplos concretos e medidas para reducir riscos dorsolumbares, mellorar a seguridade no traballo e optimizar procesos de manipulación de cargas.

O enfoque da sesión permitirá aos participantes comprender e aplicar os criterios actualizados, identificar riscos de forma efectiva e adaptar os métodos de avaliación ás necesidades específicas das súas organizacións. Ademais, fomentarase unha reflexión sobre a importancia dunha cultura preventiva que garanta contornas laborais máis seguras, saudables e sostibles, contribuíndo á protección da saúde dos traballadores e á eficiencia operativa das empresas.

k

Proceso de inscrición pechado.