Select Page
issga-evento-8-2025

Data do webinar:

18 xuño 2026

}

Hora de comezo:

10:00 horas

Modalidade:

  • Streaming

Vídeo do evento

Historicamente, moitos postos de traballo, ferramentas e equipamentos foron deseñados tomando como referencia modelos estándar masculinos, sen considerar suficientemente as diferenzas antropométricas, fisiolóxicas e organizativas existentes entre mulleres e homes. Esta situación pode derivar en sobreesforzos, posturas forzadas, movementos repetitivos ou unha maior exposición a determinados riscos ergonómicos.

Neste contexto, o webinar abordará como a incorporación da perspectiva de xénero permite mellorar a identificación e avaliación dos riscos ergonómicos, tendo en conta factores como a segregación ocupacional, a distribución das tarefas, a carga física e mental ou as condicións específicas de determinados colectivos.

Durante a sesión trataranse cuestións prácticas relacionadas coa adaptación ergonómica dos postos de traballo, o deseño de ferramentas e equipamentos e a organización das tarefas, destacando a necesidade de desenvolver solucións preventivas adaptadas á diversidade real da poboación traballadora.

k

Proceso de inscrición pechado.