Select Page
issga-evento-1-2025-desconexion-dixital

Data do webinar:

25 marzo 2025

}

Hora de comezo:

09:45 horas

Modalidade:

  • Streaming

Vídeo do evento

A prevención e promoción da saúde no traballo deben ir de man, compartindo principios e obxectivos comúns. Con este enfoque, o ISSGA, en colaboración con FREMAP, organiza esta xornada técnica en formato webinar centrada na prevención das enfermidades cardiovasculares co fin de proporcionar ao persoal traballador formación e información clave sobre esta problemática e as mellores estratexias para previla.

Este evento está dirixido a todos as persoas traballadoras interesadas en coñecer mellor as enfermidades cardiovasculares e a súa prevención. Ofrece unha oportunidade valiosa para aprender a coidar a saúde do corazón, identificar factores de risco e adoptar hábitos saudables na contorna laboral.

As empresas xogan un papel fundamental na mellora do benestar dos seus equipos, fomentando prácticas que promovan a saúde no traballo. Implantar medidas de prevención e sensibilización non só beneficia directamente ao persoal traballador senón que tamén impacta positivamente na produtividade empresarial e na responsabilidade social corporativa, contribuíndo ao benestar da sociedade en xeral.

Esta actividade enmárcase na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 e nas accións do Plan de Actuación do ISSGA 2025 co obxectivo de fomentar a promoción da saúde no traballo e mellorar o benestar laboral, coa que o instituto reforza as iniciativas que favorecen a creación de contornas laborais máis seguras e saudables.

k

Proceso de inscrición pechado.