A adquisición dunha máquina é unha decisión que inflúe tanto na produtividade da empresa como na seguridade e saúde das persoas traballadoras. Para realizar unha compra adecuada, é fundamental coñecer os requisitos legais, técnicos e preventivos que deben cumprir os equipos, así como a documentación esixible e as condicións necesarias para a súa utilización segura.
O Issga, en colaboración con Fremap, organiza este webinar sobre os aspectos clave que deben terse en conta antes de adquirir unha máquina. Durante a sesión abordaranse as obrigas da empresa que recibe o equipo, os requisitos de comercialización e posta en servizo, a selección de provedores e as principais etapas dun proceso de adquisición seguro, desde a definición das necesidades ata a formación, o mantemento e as comprobacións necesarias.